19 marzo, 2009

Musica dos 70's e 80's,Por que non?

Boas.

Pois hoxe engado tres videos dunha recopilación da música dos 70's e dos 80's.

Espero que vos guste e que vos lembredes das cousas boas que pasaron no momento.

Parte 1

Parte 2

Parte 3 - Final

Saúdos.

Non atopas a URL dunha canción?

Boas.

Pois como di o título,se ves que non atopas a URL ou algun link para unha canción,pásate polo Minibuscador.

Minibuscador.

Oxalá vos sirva de algo este link para que atopedes a canción que vos gusta.

Chau.

Letras de cancións.

Estas farto de tararear sempre a canción e non sabes cómo é o letra?

Pasate por Musica.com e resolve este problema que te ten ata a coronilla!

Para xa de tararear a canción e canta a letra dunha vez!

Saúdos.

Farto da mesma canción?

Boas.

Pois non é a única vez,de escoitar o seguinte:

Esta música/canción vai acabar por "rayar" de tanto poñela.

Pois é verdade.As cancións de hoxe fanse pesadas á hora de coñecelas.Pero,porque antes non eran "rayantes" e agora si?.

Creo que a resposta vese ben.O feito de que nos bombardeen con publicidade(na radio,na tele,en internet,...),e de que milleiros de persoas escoiten o mesmo,acaba por que esta canción acabe no fondo das listas TOP 10.

Por iso,no meu BloguiReproductor,só porei música que "non foi moi escoitada" polos oíntes,pero sí algo famosas.Espero que con isto,nono poñamos o de sempre.

Recomendación: Escoitade máis cancións dende os 50's ata os 90's.Para min,soi moi bonitas e entretidas,ademais de que milleiros destas cancións pasadas,están agora nos remixes de moitas cancións,aínda que aparentemente non se poidan apreciar ben.

Saúdos.

17 marzo, 2009

A Música,unha Moda?

Varias veces,moitas persoas,en distintos puntos do mundo,pregúntanse o seguinte:

A música crea a moda,e viceversa?


Eu creo que si.Sen música non pode existitir esa moda,e sen moda non existiría esta música.O grupo de "maneira de pensar,o que me gusta e o que non,etc."crear unha fusión ou mezclas de música,provocando nestas unha varación,na que a xente lle empeza a gustar.Asi comeza unha moda ou tipo de música.Dende internet,con Flogger,ata os barrios pobres,onde comezan moitos estilos de música africana,todos comezan cun estilo de Música.

Este é un debate que creo está solucionado.Se pensades que non,non vos esquezades de comentar.

Saúdos.

O Rap

O Rap é o elemento musical vogal principal da cultura Hip hop. Consiste basicamente en recitar rimas seguindo un ritmo ou unha base musical. O recitador coñécese como MC e xeralmente a música pona un DJ (audio mestura e scratching). Nun principio era o MC o que presentaba e acompañaba ao DJ, que era, realmente a estrela do espectáculo. Pero hoxe en día, poderiamos dicir que case sempre é o DJ o que acompaña ao MC, e moitas veces nin aparece
Moda

A moda dos MC son:roupa ancha,cadeas e aneis case sempre de ouro,unha gorra de NY das anchas,e como calzado suelen levar botas ou zapatillas deportivas.


Rap ou hip hop?


É habitual o crer que os termos rap e hip hop son sinónimos. A realidade é que non o son. Moita xente non familiarizada con esta cultura utiliza o termo Hip hop para referirse á música Rap, cando Hip hop se refire á cultura e o termo "Rap" ó estilo musical ligado á devandita cultura. Afrika Bambaataa foi o primeiro en usar o termo "Hip hop" para describir o movemento que estaba ocorrendo en barriadas pobres de Nova York, isto incluía Música (Funk, Rap, Salsa, DJing?), Baile (Hustle, Up-Rocking, Lindy Hop, Popping, Locking?) e Pintura (aerosol, bombing, political graffiti,...)

A Parte:

Maioritariamente,a xente que lle gusta o rap ou hip-hop,son os que pintan graffitis.Os graffitis son debuxos feitos en muros,maioritariamente de forma ilegal.Nestes poñen o seu nome ou algo no que os representan.

A parte de rap,existen as Batallas de Galos,na que nun tempo determinado dun
minuto,un dos dous participantes ten que facer as rimas.Pasados ese tempo,tocalle ao seguinte,e así creando un torneo.A moitos dos que lle gustan o Rap,suelelle gustar tamén este tipo de cousas.

Movemento Tecktonik


Tecktonik, ás veces abreviado TCK, é un movemento cultural centrado na música de baile.

Historia

O movemento tecktonik nace en París en 2002, a partir dunhas batallas de baile organizadas pola promotora musical Tecktonik, que é unha marca rexistrada. A produtora, promovida por Cyril Blanc e Alexandre Barouzdin decidiu organizar concursos de baile baseados en enfrontamentos duais ou por grupos na discoteca Metropolis de París. A música tomada como base era hardstyle, unha variante da música de dance europea.

O éxito da convocatoria levou a que o termo tecktonik pasase de referirse unicamente a esas competicións concretas, a designar un movemento cultural que abranxe música, baile, moda, unha bebida e comportamento, e que ten o seu epicentro en Francia e a súa difusión internacional a través de vídeos en internet. Porén, e ao mesmo tempo, tecktonik segue sendo un termo rexistrado, e non se pode empregar libremente sen solicitarllo (e pagar, se for o caso), á produtora.

Música

Entre os músicos máis destacados do fenómeno tecktonik poden nomearse Dim Chris, RV. B, Deepack, Max B. Grant, Miss Hiroko, Kevin Tandarsen, DJ Antoine, DJ Fozzie Bear e Yelle.



Baile

A coreografía é individual e de carácter vertical (o bailarín non se deita nin fai pinchacarneiros), e procura manter os pés no chan, aínda cando ás veces se inclúen elementos de patadas ao aire. O elemento característico é o xogo de brazos, con viraxes rápidas dos cóbados en todos os sentidos.

Moda

O xeito de vestir do tecktonik toma elementos do dance tradicional (cores de neon e intensas, brillantes...), pero tamén do movemento emo: tirantes a cadros, chaquetas e pantalóns axustados, as cores negra e branca... O símbolo recorrente é o da marca Tecktonik: unha aguia coas ás despregadas e unha estrela de cinco puntas.

Aqui vos deixo un video actual sobre o baile e a música Tectonick.

Yelle - A Cause des garçons