19 marzo, 2009

Musica dos 70's e 80's,Por que non?

Boas.

Pois hoxe engado tres videos dunha recopilación da música dos 70's e dos 80's.

Espero que vos guste e que vos lembredes das cousas boas que pasaron no momento.

Parte 1

Parte 2

Parte 3 - Final

Saúdos.

Non atopas a URL dunha canción?

Boas.

Pois como di o título,se ves que non atopas a URL ou algun link para unha canción,pásate polo Minibuscador.

Minibuscador.

Oxalá vos sirva de algo este link para que atopedes a canción que vos gusta.

Chau.

Letras de cancións.

Estas farto de tararear sempre a canción e non sabes cómo é o letra?

Pasate por Musica.com e resolve este problema que te ten ata a coronilla!

Para xa de tararear a canción e canta a letra dunha vez!

Saúdos.

Farto da mesma canción?

Boas.

Pois non é a única vez,de escoitar o seguinte:

Esta música/canción vai acabar por "rayar" de tanto poñela.

Pois é verdade.As cancións de hoxe fanse pesadas á hora de coñecelas.Pero,porque antes non eran "rayantes" e agora si?.

Creo que a resposta vese ben.O feito de que nos bombardeen con publicidade(na radio,na tele,en internet,...),e de que milleiros de persoas escoiten o mesmo,acaba por que esta canción acabe no fondo das listas TOP 10.

Por iso,no meu BloguiReproductor,só porei música que "non foi moi escoitada" polos oíntes,pero sí algo famosas.Espero que con isto,nono poñamos o de sempre.

Recomendación: Escoitade máis cancións dende os 50's ata os 90's.Para min,soi moi bonitas e entretidas,ademais de que milleiros destas cancións pasadas,están agora nos remixes de moitas cancións,aínda que aparentemente non se poidan apreciar ben.

Saúdos.

17 marzo, 2009

A Música,unha Moda?

Varias veces,moitas persoas,en distintos puntos do mundo,pregúntanse o seguinte:

A música crea a moda,e viceversa?


Eu creo que si.Sen música non pode existitir esa moda,e sen moda non existiría esta música.O grupo de "maneira de pensar,o que me gusta e o que non,etc."crear unha fusión ou mezclas de música,provocando nestas unha varación,na que a xente lle empeza a gustar.Asi comeza unha moda ou tipo de música.Dende internet,con Flogger,ata os barrios pobres,onde comezan moitos estilos de música africana,todos comezan cun estilo de Música.

Este é un debate que creo está solucionado.Se pensades que non,non vos esquezades de comentar.

Saúdos.

O Rap

O Rap é o elemento musical vogal principal da cultura Hip hop. Consiste basicamente en recitar rimas seguindo un ritmo ou unha base musical. O recitador coñécese como MC e xeralmente a música pona un DJ (audio mestura e scratching). Nun principio era o MC o que presentaba e acompañaba ao DJ, que era, realmente a estrela do espectáculo. Pero hoxe en día, poderiamos dicir que case sempre é o DJ o que acompaña ao MC, e moitas veces nin aparece
Moda

A moda dos MC son:roupa ancha,cadeas e aneis case sempre de ouro,unha gorra de NY das anchas,e como calzado suelen levar botas ou zapatillas deportivas.


Rap ou hip hop?


É habitual o crer que os termos rap e hip hop son sinónimos. A realidade é que non o son. Moita xente non familiarizada con esta cultura utiliza o termo Hip hop para referirse á música Rap, cando Hip hop se refire á cultura e o termo "Rap" ó estilo musical ligado á devandita cultura. Afrika Bambaataa foi o primeiro en usar o termo "Hip hop" para describir o movemento que estaba ocorrendo en barriadas pobres de Nova York, isto incluía Música (Funk, Rap, Salsa, DJing?), Baile (Hustle, Up-Rocking, Lindy Hop, Popping, Locking?) e Pintura (aerosol, bombing, political graffiti,...)

A Parte:

Maioritariamente,a xente que lle gusta o rap ou hip-hop,son os que pintan graffitis.Os graffitis son debuxos feitos en muros,maioritariamente de forma ilegal.Nestes poñen o seu nome ou algo no que os representan.

A parte de rap,existen as Batallas de Galos,na que nun tempo determinado dun
minuto,un dos dous participantes ten que facer as rimas.Pasados ese tempo,tocalle ao seguinte,e así creando un torneo.A moitos dos que lle gustan o Rap,suelelle gustar tamén este tipo de cousas.

Movemento Tecktonik


Tecktonik, ás veces abreviado TCK, é un movemento cultural centrado na música de baile.

Historia

O movemento tecktonik nace en París en 2002, a partir dunhas batallas de baile organizadas pola promotora musical Tecktonik, que é unha marca rexistrada. A produtora, promovida por Cyril Blanc e Alexandre Barouzdin decidiu organizar concursos de baile baseados en enfrontamentos duais ou por grupos na discoteca Metropolis de París. A música tomada como base era hardstyle, unha variante da música de dance europea.

O éxito da convocatoria levou a que o termo tecktonik pasase de referirse unicamente a esas competicións concretas, a designar un movemento cultural que abranxe música, baile, moda, unha bebida e comportamento, e que ten o seu epicentro en Francia e a súa difusión internacional a través de vídeos en internet. Porén, e ao mesmo tempo, tecktonik segue sendo un termo rexistrado, e non se pode empregar libremente sen solicitarllo (e pagar, se for o caso), á produtora.

Música

Entre os músicos máis destacados do fenómeno tecktonik poden nomearse Dim Chris, RV. B, Deepack, Max B. Grant, Miss Hiroko, Kevin Tandarsen, DJ Antoine, DJ Fozzie Bear e Yelle.



Baile

A coreografía é individual e de carácter vertical (o bailarín non se deita nin fai pinchacarneiros), e procura manter os pés no chan, aínda cando ás veces se inclúen elementos de patadas ao aire. O elemento característico é o xogo de brazos, con viraxes rápidas dos cóbados en todos os sentidos.

Moda

O xeito de vestir do tecktonik toma elementos do dance tradicional (cores de neon e intensas, brillantes...), pero tamén do movemento emo: tirantes a cadros, chaquetas e pantalóns axustados, as cores negra e branca... O símbolo recorrente é o da marca Tecktonik: unha aguia coas ás despregadas e unha estrela de cinco puntas.

Aqui vos deixo un video actual sobre o baile e a música Tectonick.

Yelle - A Cause des garçons

Novo movemento: Flogger



Con esta imaxe onde nos amosa as características principais da moda Flogger,esta moda iníciase arredor do ano 2006 en Arxentina,concretamente na Páxina web Fotolog,e moitos rapaces e rapazas utilizan este estilo.Gústanlles a música electro(electrónica) e facer fotos de sí mesmos.A verdade,son un pouco "Eu son o máis guapo",moi creídos.Moita xentre critica esta moda porque lle parece inapropiada ou porque non lle gusta,xa pola forma de vestir e os seus complementos,ou ben pola súa forma de pensar.Moitos rapaces e rapazas deste estilo xa tiveron moitos conflictos delictivos ,como peleas,asasinatos,roubos...Se vedes por internet,xa hai milleiros de publicacións sobre esta moda,as súas características,etc.
Para ser un flogger,debes cumplir os seguintes requisitos:

.-Levar o estilo tal e como marcan as fotos.
.-Ter unha cámara de fotos.Imprescindible.
.-Ter unha conta Fotolog Golden,é dicir,que eres un dos mellores "posteadores de fotos" do fotolog ou pagar por ser un destes.

A miña Opinión:Nin boa nin mala.Só lles desexo o mellor para eles,e espero que non comentan máis actos delictivos en Arxentina,aínda que nos parezca raro.

Saúdos.

Música de Ouro: 70's e 80's

A nosa esquerda,podemos ver un apartado de Música dos 70's e dos 80's.

Se me queredes recomendar algun outro estilo de música para engadir,avisademe sen problema.


Saúdos.

Un pouco de Historia - Música Electrónica

Música Electrónica

A expresión música electrónica refírese á música que usa instrumentos musicais electrónicos ou tecnoloxía musical electrónica como o aspecto central do son da música.

Historicamente considerábase música electrónica a toda música creada co uso de instrumentos electrónicos musicais ou elaborada mediante procesos electrónicos, pero actualmente esa distinción non ten senso xa que case toda a música gravada hoxe e a maioría das actuacións musicais en directo depende da electrónica. Calquera son xerado por medio dunha sinal eléctrica (como unha guitarra eléctrica, e incluso os micrófonos, amplificadores e altofalantes) podería ser correctamente chamado electrónico, pero o uso habitual das súas técnicas de creación en todos os tipos de música restrinxiu a expresión "música electrónica" exclusivamente para a música xerada por máquinas electrónicas concibidas para crear sons (sintetizadores, samplers ou mostreadores, computadoras e máquinas de ritmo –beatboxes, etc), todos eles de natureza analóxica ou dixital. Así hoxe en día a expresión "música electrónica" refírese a música que usa a electrónica como a parte máis importante da obra, o punto central, e non ó resto de música que se ben ten elementos electrónicos estes non son o elemento central da obra.

Tamén se lle pode chamar música electrónica á música creada con microcomputadoras, debido a que existe software que dixitaliza, manipula e procesa os sons, en contraposición ós sintetizadores analóxicos que usan hardware electrónico para manipular as sinais sonoras. Recentemente comezouse a usar sintetizadores de software que foron deseñados especificamente para "emular" o son dos instrumentos analóxicos e dixitais máis valorados.

A música electrónica contemporánea refírese tanto os xéneros de música culta (música clásica electrónica, a música experimental, a musique concrète) coma a xéneros de música pop, incluíndo diferentes estilos de música dance, como techno, house, trance, electro, breakbeat, drum and bass ou synth pop.

Pódese facer unha distinción entre os instrumentos que producen o son mediante medios electromecánicos e os que o producen usando compoñentes electrónicos. Exemplo dos primeriros son o Telharmonium, o órgano Hammond , e a guitarra eléctrica, mentras que os segundos serían o Theremin, o sintentizador ou a computadora.

Falamos de música antiga?

Boas.

Ben,como di o tírulo desta nova entrada,BloguiMúsica quere falar un pouco de música antiga e publicar algo.

Pensaredes que nos esquecemos desta musica? Pois non.O problema é que non cabe toda a música nun blog.Para iso,tentarémolo facer no BloguiForo.

Pasádevos se non vos gusta a música electrónica.

Saúdos.

Para escoitar música...

Olá!

Ben,pois quero comentar nesta nova entrada que,buscando por internet,atopei unha páxina onde podedes ver o tipo de mñusica que vos apeteza e escoitalo por internet,sen descargas.Pasádevos por aqui:

Link: MusicOvery.com

Saúdos.

16 marzo, 2009

Global Deejays

Global Deejays

Detrás de The Global Deejays están Konrad e Florian Schreyvogl, quenes son orixinarios de Holanda e agora, despois de algúns anos, son un equipo productor moi importante de Música Dance. Alguns dos seus temas tiveron un gran impacto dentro da escea musical electrónica. O tercer Global Deejay é Mikkel Christensen, orixinario de Dinamarca e quen creceu en Philadelphia e Vienna, actualmente toca en varios lugares de Londres. O proxecto "The Global Deejays" deu á escena musical dance un novo impulso para que reviva e se volva a escoitar nas pistas de baile de todo o mundo.
Detrás de The Global Deejays están:Konrad e Florian Schreyvogl, quenes son orixinarios de Holanda e agora, despois de algúns anos, son un equipo productor moi importante de música dance. Algúns dos seus temas tiveron un gran impacto dentro da escena musical electrónica.

The Chemical Brothers

The Chemical Brothers
é un dúo inglés, formado por Tom Rowlands e Ed Simons, que compón música electrónica. Ao principio fixéronse chamar os "The Dust Brothers",pero segundo se facían populares tiveron que cambiar de nome dado que xa había outro grupo en Estados Unidos co mesmo nome. Xunto con The Prodigy, Fatboy Slim e outros máis, foron os pioneiros do xénero Big Beat. Ao longo dos anos cos seus diferentes traballos discográficos, demostraron ser pioneiros da electrónica, non tanto á hora de inventar estilos se non a melloralos. Tamén son coñecidos polos seus estupendos videos. En 2006 ganaron un premio Grammy por Galvanize. [...]

Para saber máis sobre este dúo,pincha aqui

Guru Josh

Olá!

Ben,pois nesta nova entrada falarei un pouco sobre a vida deste creador dunha canción que move medio mundo: Guru Josh - Guru Josh Project

Guru Josh,alias Paul Walden,músico e escultor británico nacido o 6 de Xuño de 1964 tivo un breve éxito ao comezo dos anos 90 na escena musical "acid house" Inglesa, gracias ao tema Infinity (1990s... Time For The Guru), editado en 1989 (número 5 en UK, número 2 en Alemania). Un tema que na súa versión para emisoras de radio,foi incluído en numerosas recopilacións de música house "old skool".

Guru Josh Project


En 2007, formouse "The Guru Josh Project". Josh, Snakebyte, e o home que inspirou o trato, Darren Bailie. En 2008, Infinity foi re-editado como Infinity 2008, que foi remezclada polo DJ alemán, Klaas. Viviu un gran éxito, alcanzando un máximo de # 1 nos país Belga, Holandés e Francés e en individuales Gráficas, danés Singles Chart, República Checa Airplay Chart, Eurochart Hot 100 y # 3 e no Reino Unido Singles Chart.

.- Guru Josh - Infinity 90's

.- Guru Josh Project - Infinity 2008 (Klaas vocal edit)

A miña opinión: O cambio entre os dous temas son moi grandes.

Saúdos.




Nace o Blogui-Música

Benvidos!

Xa que o Profesor Santi nos mandou crear un novo blogue n que os alumnos teremos que escribir novas entradas,o meu iníciase aqui.

Onde se falará de Música en xeral.

Saúdos e espero que escriba moitas entradas.

Ainda asi, teño un Foro onde tamén se pode ver.

BloguiForo: Pincha Aquí